O Camiño dos Faros

É unha ruta de sendeirismo que discorre pola “Costa da Morte”, unindo as comarcas de Malpica e Fisterra. Son 200 km, divididos en 8 etapas, nos cales pódese disfrutar da bravura do mar e dunha gran riqueza paisaxística, atopando no noso camiño faros, impoñentes cantís, restos arqueolóxicos, praias salvaxes e inigualables miradoiros sobre o mar.

Para máis información sobre as diferentes estapas da ruta, así coma recomendacións a hora de percorrela, pódese consultar a seguinte páxina web: http://www.caminodosfaros.com