Casa de Laxe é unha casa de turismo rural situada no pobo alfareiro de Buño, pertencente ó concello de Malpica de Bergantiños, a tan só 5 minutos de Carballo, 20 minutos de A Coruña e menos de 1 hora de Santiago de Compostela. A súa ubicación ademais é ideal para visitar a Costa da Morte e como lugar de repouso ó realizar o Camiño dos faros.

A propiedade atópase nunha finca amurallada de 10.000m2 con dúas casas, dous hórreos e outras construccións típicas dunha casa grande de labranza, datada do ano 1700.

piezas barro
arenal monteblanco

A casa conta con 5 habitacións dobles con cuarto de baño. Dispoñemos de salón, comedor e dunha galería para contemplar o atardecer.

O pobo de Buño ten uns 500 veciños, parte deles adicados a artesanía do barro. Ademais conta cos seguintes servizos: farmacia, centro médico, información turística, entidade bancaria, restaurantes, bares, servizo de prensa, iglesia, tendas de artesanía local…