Casa de Laxe é unha casa rural situada no pobo alfareiro de Buño, pertencente ó concello de Malpica de Bergantiños, a tan só 5 minutos de Carballo, 20 minutos de A Coruña e menos de 1 hora de Santiago de Compostela. A súa ubicación ademais é ideal para visitar a Costa da Morte e como lugar de repouso ó realizar o Camiño dos faros.
A propiedade atópase nunha finca amurallada de 10.000m2 con dúas casas, dous hórreos e outras construccións típicas dunha casa grande de labranza, datada do ano 1700.
A casa conta con 5 habitacións dobles con cuarto de baño. Dispoñemos de salón, comedor e dunha galería para contemplar o atardecer.
O pobo de Buño ten uns 500 veciños, parte deles adicados a artesanía do barro. Ademais conta cos seguintes servizos: farmacia, centro médico, información turística, restaurantes, bares, servizo de prensa, iglesia, tendas de artesanía local…
A localización da casa rural é ideal para visitar A Costa da Morte, un lugar cheo de rincóns únicos. A súa beleza natural ven marcada pola paisaxe, kilómetros de costa escarpada que inclúen praias desertas, acantilados e pequenos pobos pesqueiros. Ademais podemos atopar faros espectaculares encargados de guiar o tráfico marítimo por esta complexa costa, como poden ser o de Fisterra, Vilán e Punta Nariga.
Hai diversas praias preto da casa, quizá a máis coñecida sexa a praia de Razo Baldaio. Esta praia destaca polo seu tamaño, sendo un dos arenais máis longos de Galicia, ademáis de polos seus servizos e a súa calidade. A praia de Razo é frecuentada por surfistas e conta con varias escolas de surf que funcionan durante o verán. Outras praias menos coñecidas pero igualmente impresionantes e pouco masificadas da zona son: praia As Torradas, praia O Riás, praia de Seaia, praia de Beo, praia de Seiruga e praia de Barizo. Como praia totalmente urbana estaría Area Maior en Malpica.
Cabe destacar que tan so a praia de Razo Baldaio e a praia de Area Maior en Malpica contan con servizos de socorrista e chiringuitos preto.
Outros dos lugares de visita únicos son os monumentos megalíticos. Galicia conta cun importante patrimonio de dolmens e castros, e na Costa da Morte concentranse un gran número deles que ademáis son de acceso sinxelo. O dolmen de Dombate, considerado a catedral do megalitismo, é un dos puntos de partida para visitar este legado.
Consulta máis información sobre o entorno da casa nas siguientes secións: