Festas gastronómicas

Percebes de la Costa de la Muerte

Esta zona destaca, ademais de pola súa gran riqueza paisaxística, pola súa variada gastronomía. As súas augas bravas e o gran contido en nutrintes destas, fan que os seus peixes e mariscos sexan uns dos máis aprezados no mundo.

Entre a ampla variedade de produtos debemos destacar os percebes, considerados coma os mellores do mundo, e en concreto os da zona do Cabo Roncudo.

Ademais, o longueirón tamén é recoñecido pola sua calidade e as súas diversas formas de preparalo.

Tamén debemos mencionar o polbo, outro dos manxares desta zona. A forma culinaria máis empregada e coñecida é “Polbo á feira”.

Para disfrutar da gran variedade gastronómica da zona basta con ir a un dos moitos establecementos, a gran maioría familiares, que hai nos distintos pobos pesqueiros. En moitos sitios serven o produto case según se saca do mar.

Ademais, se Galicia destaca pola gran cantidade de festas gastronómicas, A Costa da Morte non se queda atrás. Nelas a paisaxe fúndese coa música e a gastronomía para facer disfrutar ó visitante cos 5 sentidos.

Algunhas das festas gastronómicas da zona detallanse a continuación:

  • Festa da Angula: o sábado de Semana Santa en Ponteceso.
  • Festa de O Raxo: o primeiro sábado de xuño en Brántuas (Ponteceso).
  • Feira das cereixas: celebrase cada primeiro domingo de xullo en Paiosaco (A Laracha).
  • Festa do percebe: celebrase cada 6 de xullo na localidade de Corme (Ponteceso).
  • Festa da ameixa: celebrase o primeiro sábado de agosto na vila de Corcubión.
  • Festa da Troita: en Baio (Zas) o primeiro domingo de agosto.
  • Festa do longueirón: cada ano o primeiro domingo de agosto no porto de Fisterra.
  • Festa do berberecho: en Noicela (Baldaio, Carballo) cada 21 de agosto.
  • Festa do polbo: o 8 de setembro en Sardiñeiro (Fisterra).
  • Festa de A Pataca: o terceiro domingo de setembro en Coristanco.
  • Festa da Fabada: cada primeiro domingo de outubro en Paiosaco (A Laracha)